O Club Costado Taekwondo Boiro no programa XOGADE “Coñece o teu club”
Tivemos o pracer de visitar o Ceip Ana María Diéguez, en Asados (Concello de Rianxo), como parte do programa “Coñece o teu club” impulsado por XOGADE. 🎯
Este programa ten como obxectivo principal achegar os clubs deportivos á comunidade escolar, fomentando a práctica de actividade física e creando hábitos de vida saudables entre os máis pequenos. Ademais, busca dar a coñecer os recursos deportivos dispoñibles na súa localidade, promovendo unha alternativa activa para o seu tempo de lecer.
Durante a nosa visita, 120 nenos e nenas de Infantil e Primaria tiveron a oportunidade de experimentar de primeira man o taekwondo, coñecer a historia do noso club, actividades, e desfrutar dunha sesión práctica adaptada ás súas idades. Foi unha experiencia chea de aprendizaxe e diversión que espertou o interese polo deporte! 🥋💪
Dende o Club Costado Taekwondo Boiro, agradecemos ao CEIP Ana María Diéguez pola súa acollida, así como á Secretaría Xeral para o Deporte por promover iniciativas coma esta, que son fundamentais para impulsar o deporte base e integrar valores como o traballo en equipo, a disciplina e o respecto.
📍 Se queres saber máis sobre nós e as nosas actividades, non dubides en contactar co club!