Duas Medallas nacionais máis para o Costado Taekwondo Boiro ‼️
O Costado Taekwondo Boiro pecha a súa participación no Campionato de España de Clubs 2024 cunha boa actuación, sumando dúas medallas de bronce e destacadas posicións para os nosos deportistas.
🔹 Desirée Rivadulla e Alma Pérez competiron na categoría absoluta, logrando subir ao terceiro caixón do podio tras realizar varios combates de altísimo nivel. Estas medallas nacionais son froito do seu traballo, dedicación e compromiso, deixando o nome do noso club no máis alto.
🔹 Pablo Torrado realizou dous combates excepcionais, destacando o seu enfrontamento contra o actual campión de España Sub21 e medallista no último Campionato do Mundo. A pesar da complexidade, Pablo levou o combate ata o terceiro asalto, decidíndose pola mínima e acadando un meritorio 5º posto.
🔹 Irene Rodríguez completou un bo campionato, realizando tres combates e quedando ás portas da medalla nun axustado encontro contra unha rival madrileña, finalizando tamén cun destacado 5º posto.
🔹 Yaiza Rivadulla, Richi Otero, Adrián Romero e Víctor Costado competiron con moita entrega e ilusión, pero non lograron superar a primeira rolda ante rivais de gran nivel. A súa actitude, ganas de competir son un exemplo para todo o equipo, demostrando que cada experiencia suma no camiño.
👉 Estes resultados son unha mostra do potencial e o traballo constante do noso club. Agradecemos o apoio do Concello de Boiro e todas as persoas que confían en nós. Estas dúas medallas e os bos resultados individuais reflicten o esforzo de todo o equipo. 💪
Seguimos avanzando con máis ganas ca nunca ‼️
Agradecer o CONCELLO DE BOIRO toda a colaboración e apoyo a os nono deportistas.