CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO 2025 – XUNTA DE GALICIA
AVISOS IMPORTANTES:
INSCRICION EN TEMPO REAL
ACTA PESAXE E SORTEO – CABEZAS DE SERIE
VER SORTEO
- A COMPETICIÓN
- LUGAR: Pavillón Alcalde Torres Colomer – Palmeira (Riveira).
- DATA: Sábado, 14 DECEMBRO 2024
- HORÁRIO: De 9 a 14 horas (provisional, poidera modificarse por razóns de organización).
- NORMAS TÉCNICAS
- INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2024, poderán presentar un equipo masculino e un feminino. INSCRICIÓNS NO SISTEMA WEB – LÍMITE 13:00 horas do 06/12/2024. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE PRAZO.
Masculino: cinto AZUL.
Feminino: cinto AZUL.
- DOCUMENTACIÓN:
- Autorización paterna de todo-los participantes que quedará custodiada polo clube. Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
- IDADES: So poderán participar os desportistas dos ANOS 2008 E ANTERIORES.
- PROTECCIÓNS: Son estrictamente obrigatorias as protección oficiais regulamentarias.
- OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WT, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
- ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WT e Diretrices FGT.
- IMPRESCINDIBLE ACUDIR Á COMPETICIÓN COA CORRESPONDENTE ACREDITACIÓN. DEBERÁNSE ACTUALIZAR OS DATOS DE CONTACTO E FOTOGRAFÍA, ANTES DE DESCARGALA.
CATEGORIAS MASCULINA FEMININA
Mini-mosca – 54 kg. – 46 kg.
Mosca 54 – 58 46 – 49
Galo 58 – 63 49 – 53
Pluma 63 – 68 53 – 57
Lixeiro 68 – 74 57 – 62
Super-lixeiro 74 – 80 62 – 67
Medio 80 – 87 67 – 73
Pesado + 87 Kgs. + 73 Kgs.
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:
Ouro: 7 puntos
Prata: 3 puntos
Bronce: 1 punto.
Nota: As medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán.
- ORGANIZACIÓN
- ORGANIZA: Clube Natural Sport de Riveira, por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
- MEDIANTE NORMATIVA FGT: Venres, 13 de decembro de 2024:
- Marín: Gimnasio Mat's de 15:30 a 17:30 horas
- A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 16:00 a 18:00 horas
- Riveira: Gimnasio Natural Sport de 16:15 a 18:15 horas
- Ourense: Centro deportivo Couto de 13:00 a 15:00 horas
- Vigo: Seungsport de 16:00 a 18:00 horas
- Lugo: Gimnasio Valerics de 16:00 a 18:00 horas
- Vilalba: Gimnasio Jansu de 16:00 a 18:00 horas
- CGTD: CGTD de 11:45 a 13:45 horas (exclusivo para deportistas del centro)
PÓDESE ATOPAR A NORMATIVA DE PESAXE DA FGT NO SEGUINTE ENLACE: https://fgt.org.es/portal/index.php/2021/04/27/sedes-oficiais-e-normativa-de-pesaxe/
- SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com
- XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase SEGUNDO CONVOCATORIA DO DEPARTAMENTO.
- COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.
- A convocatoria de árbitros será realizada pola dirección de arbitraxe. Non é preciso nominar árbitros. Calquera consulta podedes dirixila a arbitraxe@taekwondogalego.com
- CONDICIÓNS ECONÓMICAS
- PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2024.
- TÉCNICOS: Os que actuen como coach deberán estar inscritos no impreso electrónico oficial e colexiados.
- RECLAMACIÓNS:
- COMISIÓN DE CAMPIONATO (CC): https://fgt.org.es/portal/index.php/2023/03/08/902/
- RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento da Comisión de Campionato da FGT.
- Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todo-los actos do campeonato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, a ser posible con chándal, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servicio de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.